Continúa o tempo inestable en Santiago

Continúa o tempo inestable en Santiago
Continúa o tempo inestable en Santiago

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 11 graos

Durante o domingo quedaremos baixo influencia anticiclónica feble, pero con circulación do noroeste, que traerá unha masa de aire fría e húmida. Con esta situación, agárdanse ceos nubrados, con chuvascos ocasionais, máis probables canto máis ó norte e leste. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do noroeste, frouxos no interior e intervalos fortes no litoral norte.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán. Vento forte do Sudoeste o martes pola mañá.





Comentarios