A Xunta de Goberno Local acorda a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Parcial do SUP-1, nos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo

A Xunta de Goberno Local acorda a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Parcial do SUP-1, nos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo
A Xunta de Goberno Local acorda a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Parcial do SUP-1, nos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo

A Xunta de Goberno Local acordou  a aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo) nos quinteiros 1 e 2, que supón unha reordenación dos volumes neses dous ámbitos. Tamén deu luz verde á licitación das obras de mellora da instalación de climatización e renovación do aire do Centro Sociocultural de Santa Marta; e aprobou definitivamente a subvención de 115.573,86 euros solicitada pola Comunidade de propietarios Vila de Rianxo, 6; na ARI de Vista Alegre.

A través desta modificación puntual habilítase a posibilidade de formular, no ámbito dos quinteiros 1 e 2, un Estudo de detalle de reordenación conxunta que estude máis polo miúdo as distintas alternativas e solucións para acadar unha mellor integración dos volumes resultantes nos dous quinteiros. Esta habilitación non resulta necesaria para os outros quinteiros do Plan parcial, porque este define unha maior área de movemento da edificación, susceptible de reordenación dentro do mesmo soar.


Neste momento, sen esa modificación, as posibilidades de reordenación mediante a figura dun estudio de detalle vense restrinxidas pola actual redacción das ordenanzas aplicables, que taxan a superficie edificable e a ocupación máximas permitidas en cada un dos quinteiros 1 e 2, ademais de que esixen un "proxecto conxunto" para os quinteiros 1 e 6.

Coa reforma presentada habilítase de forma expresa a aprobación de estudos de detalle que reordenen o volume edificable total permitido polo plan parcial no ámbito conxunto dos quinteiros 1 e 2. Todo ilo co obxecto de facilitar unha solución conxunta e integrada para ambos os dous quinteiros, dada a súa contigüidade, especial configuración e emprazamento.

A modificación supón a reforma puntual das ordenanzas aplicables aos quinteiros 1 e 2, co seguinte alcance:
1ª. Elimínase a obrigatoriedade de proxecto conxunto nos quinteiros 1 e 6, así
como as determinacións máis especificas de deseño e composición dos edificios-torre proxectados naqueles quinteiros.
2ª. Permítese a reordenación de volumes mediante un estudo de detalle que poderá redistribuír a suma das superficies edificables e de ocupación permitidas polo plan parcial no conxunto dos dous quinteiros afectados. Sin embargo, esta modificación non supón un incremento da superficie edificable, nin da ocupación máxima permitida polo plan parcial vixente no conxunto dos quiteiros afectados. Tampouco incrementa a altura máxima permitida en cada quinteiro.
3ª. Homoxeneizase a regulación dos usos autorizables nos quinteiros 1 e 2. A tal fin amplíanse os usos permitidos na planta baixa do quinteiro 1, admitindo todos os sinalados no plan parcial vixente para o quinteiro 2. En todo caso, haberá de terse en conta a regulación xeral de usos establecida no Plan xeral, actualmente en fase de modificación (MP aprobada inicialmente en marzo de 2021).

Neste momento o quinteiro 1 conta cunha edificabilidade total (sobre rasante) de 1.838,90 metros cadrados, cuos seguintes usos:
-En plantas altas: residencial e compatibles (oficinas, sanitario, asistencial e hoteleiro). 1.638,90 metros cadrados.
-En planta baixa: uso exclusivo restaurante-cafetería: 200 metros cadrados.

Polo que respecta ao quinteiro 2 a súa edificabilidade total (sobre rasante) está fixada en 10.727,02 metros cadrados. Os seus usos son:
-En plantas altas: residencial 1 (cunha reserva obrigatoria de 4.229, metros cadrados con destino a vivenda de protección pública) e compatibles (oficinas, sanitario,asistencial e hoteleiro). 9.386,54 m2c
En planta baixa: comercial, almacéns, oficinas, industrial en categoría 1ª, hoteleiro, sanitario, asistencial, docente, relixioso, sociocultural, deportivo, recreativo, servizos urbanos e administración pública.

A modificación afecta tamén, de forma indirecta, ao quinteiro 6, ao suprimirse a obrigatoriedade de proxecto conxunto nos quinteiros 1 e 6.

A modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo de dous meses. De xeito paralelo, durante este trámite, solicitaranse os informes sectoriais preceptivos (Estradas do Estado, Patrimonio Cultural, Paisaxe e Augas de Galicia). A Modificación non suspende o outorgamento das licenzas nin dos actos suxeitos a comunicación previa que sexan conformes coa vixente normativa do plan parcial.

Outros acordos
Por outra banda, aprobuse de xeito definitivo a subvención e o pago, por importe de 115.573,86 euros, da axudasolicitada pola comunidade de propietarios Vila de Rianxo, 6 para a rehabilitación do edificio en aras dun maior aforro enerxético; unhas actuacións tramitadas no marco do programa de Rexeneración e Renovación Urbana do barrio de Vista Alegre. A cantidade anterior distribuirase entre dezanove perceptores comuneiros que teñen acreditada a totalidade dos requisitos esixidos aos beneficiarios, e distribuiranse conforme a cota de participación de cada un deles.

Ademais, deuse luz verde ao expediente que ten por obxecto a licitación da Execución das obras de mellora no servizo da instalación de climatización e renovación de aire do Centro Sociocultural de Santa Marta a efectos de eficiencia enerxética e confort interior (CON/31/2021); e a apertura do procedemento de adxudicación e autorización do gasto por importe de 112.154,15 euros. 
Comentarios
Lo más