O Goberno impulsa os Destinos dos Camiños de Santiago con 42 millóns de euros

O Goberno impulsa os Destinos dos Camiños de Santiago con 42 millóns de euros
O Goberno impulsa os Destinos dos Camiños de Santiago con 42 millóns de euros


O Goberno subvencionará con 31 millóns de euros actuacións da Xunta para mantemento de bens culturais e iniciativas turísticas vinculadas co Camiño de Santiago



O delegado do Goberno, José Miñones, subliñou hoxe o respaldo que dá o Goberno ao sector turístico galego, que se beneficiará das axudas económicas dedicadas polo Ministerio de de Industria, Comercio e Turismo aos Camiños de Santiago ao seu paso por Galicia. Miñones avaliou así o acordo do Consello de Ministros que aprobou este martes un investimento de 42.265.852 euros para destinos dos Camiños de Santiago de Galicia. Este investimento forma parte do compoñente 14 – Plan de Modernización e Competitividade do sector turístico financiado cos fondos Next Generation EU incluídos nos Orzamentos de 2021 do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e destinados a modernizar e mellorar a competitividade do sector turístico.

“O Camiño de Santiago é unha das nosas experiencias turísticas máis internacionais. Na celebración do Ano Xacobeo, o Goberno deseñou unha estratexia específica para impulsar os distintos roteiros do Camiño ao seu paso por España. Galicia é con diferenza a Comunidade Autónoma que se verá máis beneficiada por este plan, cuxas investimentos concretou hoxe o Consello de Ministros”, valorou, pola súa parte, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.


“Grazas a estas actuacións, poñeremos a punto e preservaremos para o futuro o patrimonio histórico situado nos tramos galegos do Camiño, o que fortalecerá o potencial de Galicia para atraer visitantes, nun momento no que o turismo cultural é unha motivación de viaxe en auxe, cun crecemento do 15,9% entre 2016 e 2019”, engadiu a titular do departamento.


O Goberno transferirá estes 42 millóns de euros á Xunta de Galicia e entidades locais beneficiarias, vía dous reais decretos de concesión directa de subvencións que aprobou hoxe o Consello de Ministros.


REHABILITACIÓN DE PATRIMONIO


Do montante global, a Xunta de Galicia recibirá 22,7 millóns de euros que deberá destinar ao mantemento ou rehabilitación de bens de interese cultural de titularidade pública con uso turístico situados nos distintos tramos do Camiño de Santiago ou na súa contorna.


A Xunta recibirá outros 8.390.000 millóns de euros para impulsar os roteiros cicloturistas no Camiño; potenciar o roteiro xacobeo marítimo-fluvial polo Mar de Arousa coñecida como roteiro Traslatio e poñer en valor o Camiño como unha experiencia turística segura e apta para o goce en familia. Estes tres proxectos englóbanse na prioridade nacional do Xacobeo identificada este 2021 no programa extraordinario de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino.


Adicionalmente, as seguintes entidades locais recibirán financiamento para impulsar actuacións transformadoras que melloren a sustentabilidade, a dixitalización e a competitividade dos seus destinos e que, en polo menos un 25%, gardarán relación co Camiño de Santiago:


Concello de Vilagarcía de Arousa: 2.490.000 euros

Mancomunidade de Salnés: 2.116.000 euros

Concello de Oia: 1.500.000 euros

Deputación de Pontevedra: 2.069.000 euros


O tipo de actuacións que poderán financiar deberán orientarse á mellora da mobilidade sostible (saídas e entradas en cidades, itinerarios polas súas zonas máis atractivas, tratamento de zonas do Camiño sometidos a moito tráfico, cruzamento de estradas e autovías); a sinalización e a accesibilidade do segmento do Camiño (sempre seguindo o seu libro de estilo); a rehabilitación ou posta en valor dos seus bens culturais, o embelecemento dos centros históricos, e as rehabilitacións sostibles, entre outras.


ACCESIBILIDADE E REHABILITACIÓN DO PAZO DE RAXOIi


En calidade de Cidade Patrimonio da Humanidade, o Concello de Santiago obterá tres millóns de euros para mellorar o edificio histórico que acolle a súa sede, o Pazo de Raxoi, situado na Praza do Obradoiro e que conta con protección da UNESCO. O diñeiro servirá para rehabilitar o interior da capela, mellorar a accesibilidade en todas as prantas do edificio, substituír ascensores por outros máis eficientes enerxéticamente e conservar espazos representativos, entre outras actuacións.

Comentarios
Lo más