Patrimonea pecha o ano cunha San Silvestre sendeirista en Touro o 26 de decembro

Patrimonea pecha o ano cunha San Silvestre sendeirista en Touro o 26 de decembro
Patrimonea pecha o ano cunha San Silvestre sendeirista en Touro o 26 de decembro

A empresa local Patrimonea pechará o ano do seu estreno  cunha proposta novedosa: unha San Silvestre sendeirista co seu roteiro "camiños da historia" o domingo 26 de decembro.

Unha proposta de ocio saúdable para rematar o ano por todo o alto disfrutando da natureza e o rural. A idea de organizar este evento xurdiu de que nestas datas todas as cidades teñen un evento relacionado co deporte para celebrar o peche do ano, sen embargo estas propostas poucas veces teñen lugar en entornos rurais a pesares da potencialidade que ofrecen para programar actividades en enclaves naturais e dunha inmensa beleza. Vai en liña co lema da nosa empresa "amor polo rural". A pesares de que neste caso é unha proposta da empresa sen apoio institucional, apuntan que están abertos a organizar roteiros deste tipo para aqueles concellos e entidades que queiran celebrar o fin de ano poñendo en valor a súa contorna.

Darío Rey Suárez, o fundador de Patrimonea, deseñou un itinerario inédito duns 11 quilómetros que ten como principal interese o seu valor histórico. O inicio ten lugar na carballeira de Brandelos, un enclave natural coñecido polas súas augas mineromedicinais de poder curativo que xa tiñan fama entre os médicos santiagueses no século XIX.

Durante o percorrido recorreranse camiños, nun entorno caracterizado polo bosque autóctono e a continua presenza da auga, nos que algúns investigadores sitúan a vía romana XIX que unía Braga con Astorga.  Esta idea vese reforzada por outros dous puntos estratéxicos que poderán disfrutar os sendeiristas. O primeiro deles é o castro situado no Coto de San Sebastián, o punto máis alto do concello de Touro.  Dende este lugar priviliexado os participantes na ruta divisarán unha singular xoia arqueolóxica: o campamento romano de O Castrillón. Este campamento foi descuberto polo grupo de investigación Romanarmy, no que participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, e supón unha auténtica revolución no coñecemento sobre a conquista de Gallaecia por parte das tropas romanas.

A fervenza do Batán, o hórreo BIC de Outeiro ou un serradoiro hidráulico serán  outros dos puntos de interese que poñerán a guinda a este roteiro de dificultade media. Ao finalizar o roteiro os sendeiristas poderán disfrutar das vistas que ofrece o mirador de Pena sobre un meandro do río Ulla rodeade de bosque autóctono. O punto de encontro dos participantes será Café-Bar A Peneira en Fonte Díaz ás 09:30. Os interesados en inscribirse a esta ruta atoparán toda a información en https://patrimonea.wordpress.com/, nas redes sociais ou mediante un whatsapp ao 699680217. Hai cotas reducidas para aqueles que se inscriban antes do 14 de decembro.

Comentarios
Lo más