Volta á rutina gris e con chuvia

Volta á rutina gris e con chuvia
Volta á rutina gris e con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 13 graos

Unha fronte cálida afectará a Galicia desde as primeiras horas da mañá, deixando ceos cubertos e chuvias febles. Cara á noite chegará unha fronte fría que xa deixará chuvias máis intensas. As temperaturas ascenderán, de xeito máis acusado nos valores máximos. Os ventos soprarán de compoñente oeste con intervalos fortes ao longo do día no litoral e zonas altas do interior.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o mércores, o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que ascenderán lixeiramente, a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más