Sanidade prevé unha segunda quincena de xaneiro "complexa" en hospitalizacións

Sanidade prevé unha segunda quincena de xaneiro "complexa" en hospitalizacións
Sanidade prevé unha segunda quincena de xaneiro "complexa" en hospitalizacións

García Comesaña: "O 60 % de doentes na UCI son persoas non vacinadas"

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha entrevista no Galicia por Diante fin de semana da Radio Galega. cifrou nunhas 9.000 as persoas da comunidade educativa galega que nestes momentos están contaxiadas. Segundo aclarou, dese total, unhas 3.600 serían rapaces de entre 5 e 11 anos. 

"Por facerse un cálculo sinxelo, cunha incidencia acumulada que tiñamos o día 4 de 2.400 casos por cen mil habitantes en menores de 11 anos, que son como 150.000, iso produciría un número arredor de 3.600 casos activos no rango 5-11 que podemos ter agora mesmo en Galicia. Cremos que en xeral en todo o ámbito educativo poden chegar aos 9.000 mil casos activos a día de hoxe os que temos". 

Pico da sexta vaga

O conselleiro de Sanidade cualifica de "complicada" a situación actual debido ao volume de casos activos en Galicia e destacou que sobre todo está causando máis "carga administrativa que asistencial". "Temos cambiado tantas cousas nestes últimos días, tantas maneiras de facer as cousas que hai que ser prudentes con estes resultados que, como digo, parecen apuntar que estamos preto dese máximo. Parece confirmar a nosa teoría de que poderiamos estar arredor do 15-18 de xaneiro nese pico". 

Non só iso senón que tamén fala de "segunda quincena de xaneiro complexa" porque se as cousas saen como prevén, tras ese 15-18 de xaneiro quedaría unha semana máis para acadar o pico de ingresados en planta e dúas semanas para o pico de ingresados nas UCI.

Persoas críticas sen vacinar

Con todo, agarda que os ingresos se conteñan e destaca que non están aumentando especialmente. O que si salientou é que o "60 por cento dos pacientes que están en UCI son persoas non vacinadas", polo que aproveitou para volver chamar a se vacinar aos que aínda non o están. 


Comentarios
Lo más