Continúa o tempo gris e con chuvia

Continúa o tempo gris e con chuvia
Continúa o tempo gris e con chuvia

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 10 e os 14 graos

Os ventos de compoñente oeste continuarán achegando moita humidade a Galicia durante esta xornada. Isto fará que os ceos estean moi nubrados e teñamos algunhas chuvias febles de carácter intermitente. As temperaturas non terán cambios significativos, polo que continuaremos en valores moi suaves. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

En Santiago, o ceo alternará períodos moi anubrados con outros ocasionalmente con nubes e claros ou pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o martes. Agárdanse precipitacións  o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios.



Comentarios
Lo más