Tempo solleiro en Compostela

Tempo solleiro en Compostela
Tempo solleiro en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 13 graos

O mércores as altas presións estarán situadas sobre as Illas Británicas. Polo tanto, o ceo estará despexado en xeral, con nubes máis compactas pola mañá no terzo norte. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos no interior, con intervalos de moderado no terzo norte; serán moderados na costa, aumentando a fortes na segunda metade do día no litoral noroeste.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán notablemente e máximas que descenderán lixeiramente.



Comentarios
Lo más