O bo tempo chegou para quedarse

O bo tempo chegou para quedarse
O bo tempo chegou para quedarse

As temperaturas oscilarán entre os 3 e os 12 graos

O xoves as altas presións continuarán estacionarias sobre as Illas Británicas traendo un día de estabilidade e ventos do leste. Agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con algunhas néboas matinais no interior. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará frouxo de compoñente leste, con intervalos de moderado na costa.

En Santiago, prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que descenderán lixeiramente.



Comentarios