O sol segue sendo protagonista

O sol segue sendo protagonista
O sol segue sendo protagonista

As temperaturas oscilarán entre os 3 e os 12 graos

Galicia estará durante o venres baixo a influencia dun potente anticiclón centrado nas Illas Británicas. Con esta situación, agárdase algún banco de néboa matinal en zonas de interior, que dará paso a ceos despexados. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos, do sueste.

En Santiago, o ceo alternará períodos pouco anubrados ou despexados con outros ocasionalmente moi anubrados ou con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios.



Comentarios
Lo más