En 2021 reduciuse a 12 días o tempo medio de solución das incidencias da liña verde, e realizáronse labores de mantemento en 157 beirarrúas

En 2021 reduciuse a 12 días o tempo medio de solución das incidencias da liña verde, e realizáronse labores de mantemento en 157 beirarrúas
En 2021 reduciuse a 12 días o tempo medio de solución das incidencias da liña verde, e realizáronse labores de mantemento en 157 beirarrúas

En 2021 o Concello de Santiago levou a cabo labores de conservación e mantemento en 157 beirarrúas. Realizou, ademais, 43 actuacións sobre asfalto en quente e 7 de rego asflático. O balance realizouno hoxe o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, que tamén destacou o descenso nas incidencias que chegan a través da liña verde e a notable redución do tempo medio de solución das mesmas, uns 12 días, fronte aos 406 de 2018.

Javier Fernández explicou que en 2021 se destinaron case 700.000 euros á conservación de pavimentos e outras actuacións de mantemento. 299.999 foron para o "Servizo de mantemento de viarios municipais. Lote 2. Pavimentos non asfálticos" no ámbito urbano. Actuouse sobre 157 beirarrúas (3.900 metros cadrados), "repartidas por todas a cidade, prestando especial atención, como non podía ser doutra maneira, aos barrios", sinalou. Os outros 399.999 euros destináronse ao lote 1, de pavimentos asfálticos. Durante o ano pasado realizáronse 48 actuacións de asfalto en quente e outras 7 de rego asfáltico.


Liña verde

O concelleiro informou que en 2021 recibíronse, a través da Liña Verde, 385 incidencias, "foi o ano que menos tivo desde 2016", sinalou. O tempo de resposta media foi de 40 horas, algo máis dun día. E o tempo medio de solución desa incidencia foi de 307 horas, uns 12 días. Javier Fernández destacou que son os "mellores tempos de toda a serie histórica" da aplicación, e, engade, "reflicten a tendencia que xa se viña dando desde 2019, cando comezamos o mandato".

A comparativa de resumo da liña verde entre 2016 e 2021, reflicte que o ano pasado se recibiron 385 incidencias, fronte ás 524 de 2020; as 932 de 2019, as 1007 de 2018, as 794 de 2017 ou as 359 de 2019. En canto os tempos de solución, en días, foi de 12 días en 2021, de 83 en 2020, de 345 en 2019, de 406 en 2018, de 377 en 2017 e de 114 días en 2016.

O concelleiro aclarou que as incidencias que chegan ao departamento de Barrios e Obras fano a través de catro canles: de oficio, por comunicacións ao departamento, mediante queixas e suxestións ou a través da liña verde. 
Comentarios