Comezan a chegar as nubes

Comezan a chegar as nubes
Comezan a chegar as nubes

As temperaturas oscilarán entre os 3 e os 12 graos

O sábado Galicia continuará na influencia das altas presións situadas sobre o centro de Europa. Deste xeito, o ceo estará despexado en xeral, con entrada de nubes de tipo medio e alto co avance do día polo oeste. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, con intervalos de moderado na costa.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións o domingo pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral ascenderán moderadamente a pesar de que oscilarán.



Comentarios